Premios KiiCS–I de arte, ciencia e tecnoloxía

Premios KiiCS-IO Excmo. Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses, en colaboración con educaBarrié, a contribución da Fundación Barrié á comunidade educativa, convocan os Premios KiiCS-I de arte, ciencia e tecnoloxía, premiando aquelas ideas e traballos que se distingan pola súa orixinalidade e innovación.

Polo que establece as seguintes bases:

Obxectivo

Fomentar actitudes positivas cara á arte, a ciencia e a tecnoloxía, creando pontes entre elas que estimulen ideas innovadoras.

Participantes

Alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Ciclos Formativos en Galicia, de 14 a 18 anos, individualmente ou en grupos, como máximo de 4 alumnos.

 Fases

Os alumnos que desexen participar, individualmente ou en grupo, deberán cumprimentar o boletín de inscrición e envialo ou entregalo na Domus antes das 12 horas do día 31 de decembro de 2013.

Actualización: Amplíase o plazo de inscrición ata as 12 horas do día 24 de xaneiro de 2014.

Cada participante pode presentar máis dunha idea, utilizando unha ficha para cada unha.

Un comité de selección encargarase de admitir a concurso as ideas que poderán ser desenvolvidas. Esta decisión comunicarase aos participantes antes do 9 de xaneiro de 2014. O comité non seleccionará máis dunha idea por participante. A continuación, os admitidos desenvolverán a súa idea.

Os Museos Científicos Coruñeses poñen a disposición dos equipos que o soliciten un servizo de asesoría que se pode solicitar escribindo a domus@casaciencias.org.

 Por outra banda, os Museos Científicos Coruñeses realizarán un seguimento do desenvolvemento dos traballos.

 Presentación dos traballos

Os autores dos traballos presentados cederán aos Museos Científicos Coruñeses o dereito de utilización, reprodución e difusión sen necesidade de permiso expreso, facendo mención á autoría. Asemade, educaBarrié poderá dar difusión dos traballos participantes e premiados nas súas canles de comunicación.

 O prazo para a presentación das memorias dos traballos rematará o 8 de marzo de 2014, e deberán enviarse á Domus.

As memorias correspondentes aos traballos, que deberán ser orixinais e inéditas, conterán a descrición da idea así como o desenvolvemento realizado e a súa posta en práctica.

 Xurado

A valoración dos traballos realizarase por un equipo de persoas presidido polo            Excmo. Sr. Alcalde da Coruña ou persoa en quen delegue, e estará composto por profesores e especialistas na área da arte, a ciencia e a tecnoloxía:

      •  Un director técnico dos Museos Científicos Coruñeses.
      • Un profesor de ciencia, arte ou tecnoloxía de Educación Secundaria Obrigatoria.
      • Un profesor de ciencia, arte ou tecnoloxía de Bacharelato ou Ciclos Formativos.
      • Un profesional do ámbito da tecnoloxía.
      • Un representante de educaBarrié.
      • Actuará como Secretario do Xurado o Xefe de Servizo dos Museos Científicos.

 Exposición e fallo

O comité de selección elixirá 5 traballos finalistas, e os autores dos mesmos realizarán a presentación pública das súas ideas e desenvolvementos no Salón de Actos da Domus o 29 de marzo de 2014. Tras cada intervención, o Xurado poderá realizar preguntas aos participantes.

 Logo da presentación dos traballos, o Xurado retirarase para deliberar. A continuación, o Xurado comunicará o seu ditame e procederase á entrega de Premios.

O Xurado valorará a autenticidade das ideas e desenvolvementos, a súa orixinalidade, a súa capacidade de innovación, a súa aplicabilidade, e aqueles aspectos que demostren curiosidade e constancia.

 Premios

Primeiro premio:

 Dous segundos Premios:

      • Viaxe á feira científica Galiciencia 2014, Ourense, novembro de 2014.
      • Participación no XIX Día da Ciencia na Rúa, A Coruña, maio de 2014.
      • O profesor recibirá un cheque regalo valorado en 200 €, entregado por educaBarrié.

 Premio para todos os finalistas:

      • Participación no XIX Día da Ciencia na Rúa, A Coruña, maio de 2014.

 Premio para todos os participantes:

      • Asistencia a un espectáculo de ciencia na Fundación Barrié.

Ditame

O ditame do Xurado será inapelable. Os premios poderán ser declarados desertos.

 Aceptación

A presentación dos traballos supón a plena aceptación destas bases.

 Exemplos de ideas

O boli máxico. Deseño dun lapis infravermello aplicado a unha pantalla de computador. Exporecerca Jove, Barcelona, 2012.

Dixitalización dunha lousa de adestrador de baloncesto. As novas tecnoloxías ao deporte. Exporecerca Jove, Barcelona, 2011.

Proxecto dunha man robótica. Exporecerca Jove, Barcelona, 2011.

 Sistema electrónico do prototipo dun coche eléctrico, Galiciencia, Ourense, 2012.

Sistema para controlar un computador só con movementos e xestos. Galiciencia, Ourense, 2011.

 Más información en: Tel: 981 189 840  /  domus@casaciencias.org

KiiCS

é un proxecto financiado pola

Comisión Europea e o

Sétimo Programa Marco

Esta entrada fue publicada en General, Noticias. Guarda el enlace permanente.